Os contidos da páxina pódense consultar no seguinte enderezo http://www.elensanche.org/pensamentosgalegos.pdf
A páxina web que se presenta neste espazo é unha iniciativa que esta
Asociación pon en marcha para fomentar o uso e o coñecemento da
lingua e a cultura galega. Esta actividade creativa está financiada
nunha parte pola Consellería de Presidencia a través da Secretaría
Xeral de Política Lingüística.
A lingua galega constitúe o principal patrimonio cultural da nosa
Comunidade, como sinal de identificación e diferenciación de Galicia.
O Estatuto de Autonomía, no artigo 5 recoñécea como lingua propia
dos galegos, e o artigo 4.1 da Lei 3/1983 de Normalización
Lingüística declara o galego como lingua oficial da Administración
local.
Temos que ter en conta que nas sete cidades crece claramente en
termos absolutos e relativos o número de persoas que afirman non
usar “nunca” o galego. No conxunto da Galiza, duplícase a cifra:
pásase dunhas 162 mil a unhas 332 mil persoas que non utilizan en
ningún momento o idioma propio do país.
Coa fin de que a poboación galega se conciencie do emprego do
noso idioma, temos pensado poñer en marcha a páxina web
“PENSAMENTOS GALEGOS” trátase dun proxecto moi ambicioso no
que esta entidade quere poñer todo o seu empeño para levalo a cabo.
A idea fundamental é tratar de incentivar o uso da nosa lingua na
poboación mais nova da nosa Comunidade, e para esto consideramos
que a mellor forma é organizando actividades e comunicándonos con
tódolos xoves no seu medio favorito: o mundo de internet. A páxina
web que se presenta pretende ter un contido actual que satisfaga as
demandas de tódolos seus usuarios: música, películas, libros, cómics,
videoxogos e todas aquelas materias de maior interese para os
usuarios. Abriranse foros sobre diversos temas nos que poderán
participar todos os interesados en dar a súa opinión coa única
condición de comunicarse na lingua oficial da nosa Comunidade,
tamén se creará unha sección para que os usuarios poidan crear un
webblog, tamén chamado blog ou bitácora, trátase dun sitio web
onde se recompilan cronoloxicamente mensaxes de un ou varios
autores, sobre unha temática en particular sempre conservando o
autor a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente. Este tipo
de ferramenta está moi estendida entre a xuventude galega e tamén
terá como condición que o idioma no que se narren as mensaxes sexa
en galego.
A páxina web contará ademais con enlaces á normativa lingüística,
diccionario en galego e literatura galega tanto as últimas publicacións
como a historia da literatura.
Posto que a amplitude do proxecto é moita algúns sitios aínda non
están habilitados, pero pouco a pouco irase poñendo totalmente en
marcha esta iniciativa.