TEXTOS INFANTÍS
O misterio das badaladas
Xavier P. Docampo
O reloxo novo de Eiranova funciona exacto ata as doce da noite, en que dá trece badaladas. Ó ver que o reloxo repite as trece badaladas varios días, o reloxeiro mira de amañalo pero non lle atopa fallo ningún na maquinaria. Cinco rapaces, encabezados por Cristina, póñense a pescudar o misterio da badalada número trece. Válense dunha serie de pistas que o "culpable" lles vai deixando.
Nun exemplar de "Xente de aquí e de acolá" da biblioteca do colexio atopan unha mensaxe, que logran descifrar na súa referencia ao río. Nel, atopan un labirinto que na solución informa que o autor vai tocar á vista de todos na noite de San Xoán. Nun arame de enxugar a roupa aparece a terceira mensaxe: un poema aparentemente sen sentido que alude ó xornal local, que sae cada quince días, e que se edita, precisamente ó día seguinte. Léndoo, reparan no anuncio dun muíño en venda, ó que acoden atopando unha nota con letras inacabadas que os cita para as seis da tarde debaixo do farol.
Esa tarde acaban na casa do xuíz xubilado, que os agarda con refrescos e pasteis. E cóntalles cómo foi argallando o xogo, que, lamentablemente, rematou... Pero, para asombro de todos, aquela noite o reloxo deu once badaladas ás doce. Nas cinco mensaxes está a explicación, pero xa non terás a axuda de Cristina e os seus amigos.
Picatxu, 12 anos
Dúas bágoas por Máquina
Fina Casalderrey
Xusta, unha rapaza de dez anos, está preocupada porque fai días que lle falta o seu can Máquina. Búscao, faltando incluso a clases, pero non hai rastro del. Por eso non está leda como sempre nin é capaz de estudiar.
O can fora un regalo de cando ela cumprira 6 anos e medrou na súa casa, facendo as inevitables travesuras. Era listo e cariñoso. O malo foi que cando o maltratou o fillo do xefe de seu pai, Xusta arreoulle ó neno e ós dous días o seu pai foi un dos afectados pola reconversión da empresa. Logo, enfermou de hepatite e o seu pai o deixou abandoado no monte.
Apareceu por fin un día. E foi con Xusta de vacacións a casa dunha tía, onde se fixo amigo da cadela, que tivo fillos seus. Morreu atropelado por un coche por salvar á avoa, quen, aínda que nunca lle caera ben, non puido reter dúas emocionadas lágrimas. Por todo esto, Xusta nunca o olvidará.
Hannah Montana, 12 anos
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas
Carlos Casares
Na leira dunha casa destaca un limoneiro con cinco enormes laranxas, as laranxas máis grandes do mundo.
Cando o dono da casa tócalle a unha, e estóupalle na cara. Alertados polo ruido, aparecen os veciños, que non se poñen de acordo sobre qué son os frutos da árbore. As propias laranxas acláranlles o que son.
Un Veciño cunha escopeta quere abrir unha a tiros. Un Veciño gordo, Toneladiñas, esvaécese coa fame e se lle vai voando un zapato. Entre o desbaraxuste, a galiña Petra ri e pon o ovo máis grande do mundo, que pide que o batan con coidado. O problema é cómo abrilo, razoa a Veciña resabida. Ante a ameaza de que sexa dun tiro, o ovo protesta e entón a muller da casa, Anxa, lle conta un conto sobre un ovo bo e un ovo malo, pero se equivoca e provoca que o ovo solte un líquido amarelo que tapa o ollo bo do Veciño Torto.
Ó gordo pónselle verde a cara coa fame e o da escopeta, nervioso, disponse a empezar a disparar, pero a arma escapa voando. Anxa consigue abrir unha laranxa, que contén un bocadillo enorme, una bicicleta para a Veciña desdentada, unha corneta... E cando un veciño se dispón a robar unha laranxa, volve a escopeta e lle cae na cabeza.
Bart, 12 anos
¡Asústate, Merche!
Fina Casalderrey
Auria é unha rapaza de quince anos.
Como non ten irmáns, todo canto lle sucede o comparte cunha amiga imaxinaria (Merche) á que escribe a través do seu diario.
Como Auria é filla de nai solteira a avisan continuamente dos riscos que poden traer as relacións cos chicos. Por esta razón Auria négase a crecer e sinte medo ante a posibilidade de namorarse, experiencia que identifica cos sufrimentos padecidos pola súa nai.
Esta situación comeza a cambiar cando a nai se namora co cura da parroquia. Esto coincide co comezo da amizade entre Auria e Paio, un mozo ó que coñece durante unha viaxe de peregrinación por Europa. Con Paio, Auria descobre o amor por primeira vez e, aínda non está segura de que vaia durar toda a vida, loita con tódalas forzas porque así sexa.
Xulieta, 14 anos
Camiño perigoso
Ánxela Loureiro
Alba é unha rapaza de trece anos filla de Xan o Poeta (que guía ós pelegríns desde el porto ata Santiago de Compostela, recitándolles poemas) e dunha costureira. Un día os soldados dos Condes de Endrino raptan á súa nai en plena rúa. Como o seu pai tampouco aparecía, decidiu, pese a que todos lle dicían que tiña que esquecer e obedecer ós Señores, liberalos aló onde estivesen.
O ancián Pedro, o Cabreiro, contoulle que o seu pai saíra cun grupo de labregos para protestar ante o Señor de Endrino de Pontedemo polos impostos excesivos que os tiñan na miseria. Ningún dos que o acompañaban regresara. Practicou co tirapedras, aprendeu usar o arco e deixando ós seus tres irmáns preparados para buscarse a vida, marchou na procura dos seus pais.
Cortou as trenzas para parecer un chico pobre e se durmíu preto dunha pequena poboación. A espertaron dous enanos vestidos de zorros, unha muller barbuda, un home grande e un neno: Pulga, Piollo, Cipriana, Sansón e Froilán, da compañía de farándula "Rite-rite", que lle deron comida.
En Neda, nunha posada, cando ensinou o mapa do seu pai lle aconsellaron que se desfixese del, pois o dono era un "proscrito". Escapou uníndose ós cómicos, que a protexeron vestíndoa de chica, para despistar ós perseguidores, que buscaban un mozo. Esa noite actuou con eles, que lle ofreceron a posibilidade de seguir co grupo, pero non aceptou.
Nunha gruta, foi descuberta por dous frailes bromistas, que lle salvaron a vida matando un xabarín disposto a atacarla. Incapaz de seguir o seu camiñar, perdeunos de vista. Espertou con gripe entre enfermos nun hospital sen as moedas (roubáranllas os frailes, que a trouxeran no seu burro). Alí, o cego Celestino descubriu que era chica e avisou ó soldado Caramouco, que viña na súa procura, pero librouse gracias á complicidade da encargada, a anciá Lena. Por ela soubo que o hospital, as terras e as xentes eran do Conde de Endrimo. E que o cego non era tal, senón un espía que controlaba a cantos pasaban polo hospital. Contoulle que houbera unha batalla cos homes do Conde, e que os labregos fuxiran ó monte, onde a mandou con comida, levando como guía a Marcelino.
Vestida xa de chica, andando o monte, chegou ata seu pai: estaba ferido, como os poucos homes da súa tropa, escondido nunha cova dende facía 15 días. A nai estaba retida na torre do conde, como outras mulleres, para que os homes non incendiaran o castelo. Un mensaxeiro trouxo a nova de que o conde quería encontrarse co pai, máis éste dubidaba do seu interese real en negociar. Acordaron que ela informase sobre cómo andaban as cosas facéndose pasar por filla duns marqueses de Porto que chegaran polo porto de Ferrol para pelegrinar a Santiago e, asmática, non puidera continuar con eles. Acompañaríaa o seu guía, Marcelino. Pasaron por onda Lena, que lle aconsellou que se fixera pasar por filla dun abade e lle deu a campá dun ex pelegrín de regalo para a filla dos condes, que lle facilitaría comunicarse con ela e as súas doncelas.
Ante as portas da muralla do castelo, perdeu a Marcelino. Os gardas fixeron que a inspeccionase o cego Celestino, a quen despistou cambiando a voz e facéndose pasar por maior con aquela roupa de nena rica; alegou que estaba buscando ós cómicos, que por fortuna estaban na praza, a acolleron con cariño e lle ofreceron actuar na función do día seguinte. Na praza do castelo, atopou a Marcelino, que considerara menos perigoso que entrasen por separado. Na súa actuación, recitou un poema de seu pai con tanto éxito que os contrataron para o día seguinte. E alí se prometeu con Froilán. Puido falar coa filla dos condes, Leonor, preocupada porque a costureira, a quen quere moito, se nega a comer. Coa desculpa de que tiña roto o vestido conseguiu vela e animala, transmitíndolle o plan de fuga de Marcelino. Esa noite, a nai puido saír do castelo enganando ós gardas. E foi ó encontro do seu marido e fillos.
Acabada a actuación, Alba despediuse dos cómicos. Froilán regaloulle unha caracola que ela leva preto do corazón, acordando reunirse pasado un ano na ponte. Por el está esperando, pero tarda. Terá que agardar outro día na cabaña do neno pastor mudo e xordo, a quen lle está contando esta historia. O pai convertérase en xefe dos Irmandiños, aínda que ela preferiría que seguise de poeta, e cada vez eran máis... E neste momento interrompe o seu relato, pois ven un carro: nel por fin chega Froilán.
Romina, 16 anos
O talismán dos druidas
Pepe Carballude
O Consello de Anciáns dos Nerios, habitantes do castro de Amarelle, debate con preocupación sobre o futuro porque se están instalando as costumes romanas entre a súa xente e se senten indefensos ante un próximo ataque do pobo de Roma. O cego druída Arístides, o único que segue vivo logo de que Megalikós, besta terrible, acabase cos outros druídas e se instalase nas minas, propón que antes de baixar a elas para armarse contra os futuros invasores, recuperen o Talismán. So con él poderán acabar co monstro e voltarán ós bos tempos. O único que o pode facer é Kanerez, que deberá ir ata a Fin da Terra e recuperar o Diamante perdido. Todos aceptano despois de que éste pase tres probas que demostran que é o elixido. Desde ese momento se chamará Uxío. Comeza así a aventura que o levará ó Cabo do Mundo para recuperar a pedra preciosa.
Polo camiño demostra o seu xenio axudando ós Peltoks a liberarse da tiranía do xigante Tom uk Morvah. No Corzán, participa da festa do Samaín. No castro de Oca, regálanlle un dos seus cabalos velocísimos, Euro, e coñece o amor con Briseida. Seguindo os consellos do sabio Dagda, se encamina á Lanzada, onde dous deuses lle dan un broquel e la espada Rebandoira. Nunha dorna de cristal chega ata a Illa dos Afortunados, na que permanecen os mortos de morte natural, de onde sae nunha águila. E chega a Fin da Terra, onde, logo de derrotar gracias á espada á serpente/hidra de sete cabezas que tiña aterrados ós seus habitantes, recupera no dolmen de Pedra Negra -entre un tesouro que tamén recolle Noembal, nerio rival que se lle adiantara-, o ansiado Talismán dos druidas. No camiño de regreso uns seres deformes intentan petrificalo acabando coa súa bondade pero coa axuda do moucho e un graxo consegue regresar ó castro. A simple exhibición do diamante provoca a autodestrucción da besta, entre lamentos terribles que saen do interior da mina.
Agora os Nerios teñen un novo Xefe Supremo dos Druidas, que guiará ó seu pobo ós tempos gloriosos.
Alba, 15 anos.